Ángel José Porto Anido, nado en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1919 e finado en Santiago de Compostela o 8 de setembro de 2006, foi un avogado, industrial e político galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito e diplomado en Maxisterio. Foi concelleiro con 22 anos, tenente de alcalde e alcalde de Santiago de Compostela (1957-1964). Foi vicepresidente da Cámara Oficial de Comercio (1956), presidente do Aero Club de Santiago (1967-1970) e da Deputación da Coruña (1970-1974) e procurador en Cortes e conselleiro nacional (1970-1974) en representación da Deputación. Fundou a editorial Porto y Cía. e foi xerente do Sanatorio Psiquiátrico de Conxo (1976-1988). Despois da Transición, seguiu en política como dirixente de Falange Española en Galicia.

Outras mencións Alférez provisional con 17 anos, conselleiro-administrador de Editorial Compostela, presidente do Consello Diocesano de Homes de Acción Católica, da Liga de Amigos de Compostela e do Grupo teatral Ditea.

Méritos Comendador da Orde do Mérito Civil, Medalla de Prata ao Mérito Turístico, Cruz de Guerra, Medalla da Cruz Vermella ao Mérito Militar, Medalla de Prata da Cidade de París e nomeamento como Concelleiro Honorario de París.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Porto y Cía. Editores

Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Presidentes da Deputación da Coruña Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Comendadores da Orde do Mérito Civil