Para o nome do xénero do anfibio tomado do deste personaxe, véxase Hyla Na mitoloxía grega, Hilas (en grego Ύλας Hylas) era fillo do rei Tiodamante dos dríopes.

Cando Heracles matou o seu pai na batalla, perdoou a Hilas e tomouno como escudeiro, ensinándolle as artes do guerreiro. Heracles levou a Hilas con el a bordo da nave Argo, facéndoo un dos argonautas.

A instancias de Hera, Hilas foi secuestrado pola ninfa da fonte Pexea en Misia e desapareceu sen deixar rastro (segundo Apolonio Rodio). Nunca atoparon a Hilas porque este se namorara das ninfas e quedara con elas convertido en eco (Valerio Flaco, Argonáutica).

Véxase tamén

Ligazóns externas «Hylas» en Greek Mythology Link androphile.org - A historia de Hércules e Hilas

Categoría:Homes na mitoloxía grega