RADOSE foi un satélite artificial dos Estados Unidos lanzado o 15 de xuño de 1963 mediante un foguete Thor desde a base Vandenberg da Forza Aérea xunto con outros satélites.

Características A misión de RADOSE foi realizar medidas da radiación no espazo cun dosímetro. Foi inxectado nunha órbita inicial de 885,7 km de apoxeo, 176,1 km de perixeo, unha inclinación orbital de 69,87 graos e un período orbital de 95,16 minutos. Reentrou na atmosfera o 30 de xuño de 1963, tras 45 días en órbita.

Notas

Categoría:Satélites artificiais