miniatura|dereita|A TRH é un tripéptido ((piro)Glu-His-Pro-NH2). A hormona liberadora da tirotropina (TRH, thyrotropin-releasing hormone ou TSHRH), tamén chamada factor liberador da tirotropina (TRF), tiroliberina ou protirelina, é unha hormona peptídica hipotalámica de só tres aminoácidos, que estimula a liberación na adenohipófise ou pituitaria anterior da hormona estimulante da tiroide (ou tirotropina) e da prolactina. É unha hormona trópica, xa que actúa sobre outra glándula endócrina. A TRH pertence á unha famila na que están incluídas varias TRH.

Produción miniatura|250px|dereita|Sistema das hormonas tiroides T3 e T4.References used in image are found in image article in Commons:Commons:File:Thyroid_system.png#References.

A TRH prodúcese no hipotálamo polas neuronas parvocelulares do núcleo paraventricular de Greef WJ, Rondeel JM, van Haasteren GA, Klootwijk W, Visser TJ. Regulation of hypothalamic TRH production and release in the rat. Acta Med Austriaca. 1992;19 Suppl 1:77-9. Eduardo A. Nillni. Regulation of the Hypothalamic Thyrotropin Releasing Hormone (TRH) Neuron by Neuronal and Peripheral Inputs. Front Neuroendocrinol. 2010 April; 31(2): 134–156. . Está codificada por un xene do cromosoma 3 (locus 3 q13.3-q21). O primeiro transcrito do xene é un polipéptido precursor de 242 aminoácidos que contén 6 copias da secuencia -Glu-His-Pro-Gly-, flanqueadas por secuencias dibásicas que son despois procesadas proteoliticamente para dar a TRH madura.

A TRH é un tripéptido de 359,5 daltons coa secuencia: (piro)Glu-His-Pro-NH2.

Viaxa desde a eminencia media á adenohipófise por vía sanguínea utilizando os vasos do sistema portal hipofisario. Unha vez na adenohipófise, estimula nas células tirotropas a liberación da hormona estimulante da tiroide ou tirotropina (TSH) e cando está nun nivel excesivo inhibe a dopamina, a cal estimula a liberación da prolactina, e esta á súa vez fai decrecer a GnRH.

A TRH pode tamén detectarse noutras áreas do corpo, como o sistema gastrointestinal e os illotes de Langerhans do páncreas, ademais de no cerebro.

A TRH estimula a liberación de tirotropina (TSH) ao unirse aos receptores específicos para ela da membrana plasmática das células hipofisarias. Trátase dun receptor acoplado á proteína Gq, que determina o incremento do calcio citoplasmático libre, o que facilita a secreción de TSH. Ademais, estimula a formación do ARNm que codifica para a prolactina (PRL).

Historia

A secuencia da TRH foi determinada por Roger Guillemin e Andrew V. Schally en 1969, que a sintetizaron. Ambas as partes insistiron en que os seus laboratorios determinaron a secuencia primeiro.

Schally e Guillemin compartiron en 1977 o premio Nobel de Medicina "polos seus descubrimentos sobre a produción de hormona peptídica no cerebro."

Importancia clínica Utilízase en farmacoloxía (nome comercial Relefact TRH) nas probas para comprobar a resposta da adenohipófise.

Preparacións médicas de TRH utilízanse en probas de diagnóstico de trastornos da tiroide e na acromegalia.

A proba da TRH pode estar indicada en casos de hipotiroidismo.

A TRH foi usada clinicamente para o tratamento da dexeneración espiñocerebelar e trastornos da consciencia en humanos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Thyrotropin-releasing hormone

Categoría:Hormonas