A AC-12, ou Avenida da Pasaxe, é unha estrada urbana multicarril da área metropolitana da Coruña, consecuencia do desdobramento da N-6. Conecta o porto da Coruña co último tramo de estrada convencional da propia N-6 (km 586), no lugar do Carballo (San Pedro de Nós, Oleiros), tras 9,47 km.

Tramos e denominacións Avenida do Exército (A Coruña) Constitúe a prolongación natural da Avenida de Primo de Rivera desde o seu cruzamento coa Rúa Ramón y Cajal e a Estrada do Porto, até o Miradoiro dos Castros, a partir do cal pasa a se denominar Avenida da Pasaxe. Foi inaugurada o 19 de xullo de 1976 polo rei Xoán Carlos I. centro|miniatura|300x300px|Conxunto de vivendas ao pé da Avenida do Exército, co Parque de San Diego en primeiro plano.

Avenida da Pasaxe (A Coruña) Parte do Miradoiro dos Castros, atravesando o barrio homónimo en dous niveis grazas a un falso túnel que permite o tránsito peonal polo nivel superior. Unha ponte salva o cruzamento coa liña férrea León - A Coruña e viaduto, a conexión coa estrada das Xubias máis a AC-10. Consitúe a principal vía de acceso aos distintos centros do CHUAC e conclúe na Ponte da Pasaxe (mudando a súa denominación por se adentrar no termo municipal de Oleiros). Previamente á ponte que salva a Ría do Burgo, converxe coa AC-11 e Avenida de Fonteculler. centro|miniatura|300x300px|Vista nocturna da Avenida da Pasaxe na altura da curva de Casabranca. alt=|centro|miniatura|300x300px|A Ponte da Pasaxe une a Avenida da Pasaxe (A Coruña) coa das Mariñas (Oleiros).

Avenida das Mariñas (Oleiros) e Rúa Curros Enríquez (Cambre) O tramo comprendido entre o cruzamento do Seixal e a AC-11 é unha variante da N-VI orixinal (hoxe denominada Avenida de Fonteculler, que provén do Temple). A súa denominación divídese entre a Avenida das Mariñas oleirense e a Rúa Curros Enríquez, xa en terras do Concello de Cambre. centro|miniatura|300x300px|Biblioteca municipal de Perillo, na Avenida das Mariñas. centro|miniatura|300x300px|AC-12 polo Temple, baixo o nome de Rúa Curros Enríquez. Saídas Numéro de saída Nome da saída Enlaces 35px A Coruña Centro - Avenida de Alfonso MolinaAvenida de Acea da MaBetanzos  N-VI   AC-11  15px 02 Centro Oncolóxico de Galicia 15px 02 Instituto Médico de Cirurxía de Galicia 15px 05 Polígono industrial A Grela - BensAvenida Alfonso de MolinaRolda de Camilo José CelaAcceso sur ao Porto da Coruña  AC-10  15px 07 Rolda Outeiro - Universidade da Coruña 35px <center>Porto da Coruña<center>20px Soamente para vehículos autorizados A Coruña Centro - Avenida de Primo de Rivera Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Autovías urbanas de Galicia Categoría:Estradas da provincia da Coruña Categoría:Transporte na Coruña