Eduardo Santiago Soto, nado no Casal (Salcedo, Pontevedra) en 1964, é un escritor galego.
Traxectoria É Diplomado de Ensino Xeral Básico pola Escola de Maxisterio de Pontevedra. Traballa na administración periférica do Estado español desde 1990.
Interesado pola ficción científica, obtivo en 1982 o segundo premio nun concurso convocado pola ONU para a Segunda Conferencia das Nacións Unidas sobre a exploración e utilización do espazo extraterrestre con fins pacíficos.
Obras Narrativa en galego Infanto-xuvenil 2044 (2011). Galaxia. Novela de ficción científica. A teoría do tempo imaxinario (2013). Urco editora. Novela de ficción científica, escrita en feminino xenérico e na que salienta o papel fundamental da muller como motor do cambio político e social. O gran reino (2014). Edicións Xerais. 328 páxs. ISBN 978-84-9914-738-3. ePub: ISBN 978-84-9914-741-3. Aborda a problemática da anorexia adolescente mesturando fantasía e realidade. O mundo máxico de Lía (2020). Xerais. 128 páxs. Ilustracións de Marcos Calo. ISBN 978-84-9121-694-0. ePub: ISBN 978-84-9121-712-1. Dirixida ao público infantil. A miña amiga invisible (2023). Vigo: Xerais. Con ilustracións de María Brenn. 144 páxs. ISBN 978-84-1110-408-1. A nena do pixama estrelado (2025). Vigo: Xerais. 88 páxs. ISBN 978-84-1110-644-3. ePub: ISBN 978-84-1110-639-9. Ilustracións de Eli García.
Narrativa en castelán
El club de los amantes arrepentidos (2018). Autoedición, Caligrama Editorial. 218 páxs. ISBN 9788417717223. 2M84 (2019). Autoedición, Caligrama Editorial. 234 páxs. ISBN 9788417887124.
Recoñecemento 2014: Premio Jules Verne pola novela O Gran Reino.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do autor
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1964 Categoría:Premio Jules Verne Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes