José Pimentel Montenegro, marqués de Bóveda de Limia, nado en Pontevedra o 30 de maio de 1786 e finado en Artziniega (Áraba) o 30 de xaneiro de 1838, foi un militar e político galego.
Traxectoria Durante a Guerra da Independencia participou nas batallas de Ponte Sampaio e Vitoria. En 1820 uniuse aos realistas e participou no levantamento absolutista de Jaca. Logo da morte de Fernando VII foi separado do exército polas súas ideas liberais e marchou a Portugal. Participou na Primeira Guerra Carlista ao lado do infante Carlos María Isidro de Borbón e acadou o grao de mariscal de campo. Morreu na Batalla de Artziniega.
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1786 Categoría:Finados en 1838