Faisalabad (en urdú, فیصل آباد ) é unha importante cidade de Paquistán enclavada no centro das Chairas do Panxab. Centro comercial e industrial da rexión agrícola circundante, así mesmo nó de comunicacións, conta cunha poboación de entre tres e catro millóns de habitantes (segundo as fontes).
Fundada en 1880, durante a ocupación británica, co nome de Lyallpur (epónimo do entón gobernador do Panxab) nun plan de colonización do que era unha terra baldía pola falla de auga. A construción dunha canle dende o río Chenab ao norte permitiu o asentamento de poboación. A súa unión en 1895 á rede de ferrocarrís foi o espaldarazo definitivo para un gran crecemento.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Faisalabad
Categoría:Cidades de Paquistán