Ricardo Puente Brañas, nado na Coruña o 18 de xaneiro de 1835 e finado en Madrid o 12 de setembro de 1880, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria miniatura|Álbum de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861.Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos Galiciana. Biblioteca de Galicia. Estudou Comercio na Coruña. Ao finalizar os estudos, ingresou no corpo de funcionarios do Estado. Traballou na oficina de Dereitos e Propiedades do Estado en Tarragona, foi xefe da Administración civil, gobernador civil de Alacant e León e xefe de prensa da Presidencia do Consello de Ministros. De ideais provincialistas dirixiu o periódico El Defensor de Galicia, o literario El Iris de Galicia e El Tarraconense en Tarragona. Participou no Álbum de la Caridad coa composición "O gaiteiro da Coruña, aos vencedores de África". En 1859 trasladouse a Madrid e iniciou unha carreira literaria dedicado á produción teatral.
Obras Un juramento cumplido, 1847 (drama). De la mano a la boca, 1870 (comedia). Cuento de hadas, 1875 (zarzuela).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía
Categoría:Gobernadores civís de Alacant Categoría:Gobernadores civís de León Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1835 Categoría:Finados en 1880