A Unión Popular de Langreo é un club de fútbol español do concello de Langreo, en Asturias. Foi fundado en 1961 pola fusión do Racing Club de Sama e o Círculo Popular de La Felguera, ambos os fundados ao redor de 1915. Actualmente xoga no grupo I da Segunda División B Española.
Uniforme
Uniforme titular: Camiseta azul e vermella a dúas metades verticais, pantalón azul, medias azuis e vermellas. Uniforme alternativo: Camiseta branca cunha franxa horizontal azul e vermella a dúas metades, pantalón branco, medias brancas.
Estadio
O estadio de Ganzábal (reinaugurado no verán de 2006) ten capacidade para 4.024 espectadores sentados e é propiedade do Concello de Langreo. O terreo de xogo é de herba artificial, ten un deseño singular con visera e trincheiras de aceiro, cuns castilletes mineiros sostendo a iluminación da tribuna principal. Atópase no distrito langreano de La Felguera.
A historia do Ganzábal remóntase a principios dos anos 20 do pasado século cando o añejo estadio, por aquel entón baixo o nome da Barraca, comezou a albergar os partidos do Círculo Popular de La Felguera, conxunto que se fusionou en 1961 co Racing Club de Sama. A denominación de estadio Ganzábal fíxose en honra dun dos presidentes máis importantes que tivo o Círculo Popular na súa historia e que foi fundamental para culminar as obras de La Barraca: o enxeñeiro Francisco Fernández Ganzábal, quen despois colaborou co UPL e axudou a construír o campo.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 8 Tempadas en 2ªB: 16 (Incluída a 2014/15) Tempadas en 3ª: 30
Historial na liga TempadaCategoríaPosto1961/623ª1º1962/632ª13º1963/642ª11º1964/652ª12º1965/662ª13º1966/672ª13º1967/682ª10º1968/693ª2º1969/703ª1º1970/712ª17º1971/722ª20º1972/733ª8º1973/743ª2º1974/753ª10º TempadaCategoríaPosto1975/763ª11º1976/773ª7º1977/782ªB8º1978/792ªB14º1979/802ªB5º1980/812ªB19º1981/823ª1º1982/833ª2º1983/843ª3º1984/853ª4º1985/863ª1º1986/873ª3º1987/882ªB13º1988/892ªB11º TempadaCategoríaPosto1989/902ªB12º1990/912ªB18º1991/923ª3º1992/933ª3º1993/942ªB4º1994/952ªB8º1995/962ªB10º1996/972ªB14º1997/982ªB11º1998/992ªB18º1999/003ª5º2000/013ª3º2001/023ª1º2002/032ªB16º TempadaCategoríaPosto2003/043ª5º2004/053ª4º2005/063ª2º2006/073ª3º2007/083ª3º2008/093ª5º2009/103ª5º2010/113ª3º2011/123ª3º2012/133ª4º2013/143ª2º2014/152ªB
Xogadores destacados Juan Carlos Álvarez Chus Bravo David Villa Kily Jaime Cuesta Alex Pereira
Palmarés Terceira División Española (5): 1961–62, 1969–70, 1981–82, 1985–86, 2001–02 Copa RFEF (Fase Asturias) (2): 1997, 2008
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web non oficial Web de Dixebra Popular, afeccionados do Unión Web do Langreo en Futbolme.com
Categoría:UP Langreo