Osorno é un municipio, cidade e comuna de Chile con 145.475 habitantes (INE 2002). Foi fundado en 1558 como municipio e ten unha superficie de 951 km2. Está localizada a 945,8 km ó sur de Santiago de Chile, e 232 km ó oeste da cidade arxentina de San Carlos de Bariloche. É o eixo de unión entre dúas capitais rexionais, Valdivia e Puerto Montt.

Osorno é o principal centro de servizos de agricultura e gandería do norte da rexión de Los Lagos. A herdanza cultural da cidade é unha mestura de influencias españolas, huilliche e alemás.

Historia miniatura|esquerda|190px|Xeneral Ambrosio O'Higgins, fundador e Marqués de Osorno

Vella Osorno A cidade foi orixinalmente concibida para ser construída en 1553 polo Tenente Xeneral Francisco de Villagra co nome de Santa Marina de Gaete no sitio dunha vila huilliche chamada Chauracavi. Porén, a morte do gobernante Pedro de Valdivia impediu a realización do plan cando estaba a piques de materializarse.

O 27 de marzo de 1558, a cidade foi finalmente fundada polo gobernador García Hurtado de Mendoza, que lle puxo o nome de Villa de San Mateo de Osorno na honra do seu avó, conde de Osorno. Foi destruída polo pobo huilliche en outubro de 1602.

Nova Osorno O 22 de novembro de 1792, Tomás de Figueroa tomou posesión das ruínas da cidade. Baixo as ordes de Ambrosio O'Higgins, Osorno foi reconstruída por Juan Mackenna, e declarouse repoboada en 1796. A O'Higgins, en compensación, foi outorgado o título de Marqués de Osorno.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas A Municipalidade de Osorno

Categoría:Cidades de Chile