O Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios foi un efémero goberno autoproclamado polas rexións suroccidentais do Imperio Austrohúngaro despois de que este se disolvera ao finalizar a primeira guerra mundial, polas poboacións de eslovenos, croatas e serbios que habitaban esas rexións do imperio. Uns meses despois da súa formación integrouse no Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos.
Nome En esloveno, o Estado era coñecido como Država Slovencev, Hrvatov in Srbov, en croata como Država Slovenaca, Hrvata i Srba, e en serbio como Држава Словенаца, Хрвата и Срба ou Država Slovenaca, Hrvata i Srba.
Os serbios aos que se refire o nome do Estado eran os que residían nos territorios do Imperio Austrohúngaro: Bosnia e Hercegovina, Voivodina, Croacia-Eslavonia (incluíndo Sirmia) e Dalmacia, coas Bocas de Kotor e o litoral de Montenegro até Spič, preto de Bar, non ás poboacións do Reino de Serbia (que comprendía as actuais Macedonia do Norte, Montenegro, Kosovo e Serbia).
Historia miniatura|300px|Mapa do antigo Imperio Austrohúngaro, mostrando as zonas habitadas principalmente por eslovenos, croatas e serbios. A maioría destes territorios foron incluídos no Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios. O Estado foi proclamado en Zagreb o .Macartney, páx. 363. O seu corpo lexislativo era o Consello Nacional (Narodno vijeće), creado o e formado ad hoc por políticos influentes da época. O presidente era un esloveno, Anton Korošec, mentres que os dous vicepresidentes, Svetozar Pribićević e Ante Pavelić (non debe confundirse con Ante Pavelić, líder do estado croata nazi creado en 1941), eran serbio e croata, respectivamente.
As aspiracións do novo Estado eran incluír todos os territorios do antigo Imperio Austrohúngaro habitados por eslovenos, croatas e serbios. Porén, os serbios de Voivodina (incluíndo as rexións do Banato, Bačka e Baranja) rexeitaron este Estado e formaron a súa propia administración en Novi Sad, (Banato, Bačka e Baranja) baixo a autoridade suprema do Gabinete Nacional de Serbia.
Voivodina uniuse ao Reino de Serbia o . Un día antes disto, o , a rexión de Sirmia, que ao principio era parte do Estado, separouse para unirse ao Reino de Serbia.
Para evitar ter que entregar o seu exército aos gañadores da guerra en concepto de reparación de danos, o Emperador cedeulle ao Consello Nacional do Estado () a totalidade da súa armada (KuK Kriegsmarine) e a frota mercante, con todos os seus portos, arsenais e fortificacións costeiras. miniatura|150px|esquerda|O Selo de Verigar, da única serie postal emitida polo Estado, converteuse nun dos símbolos do efémero Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios.
O Consello enviou notificacións diplomáticas aos gobernos de Francia, Reino Unido, Italia, Estados Unidos e Rusia, comunicando que tomara a totalidade da frota austrohúngara. A notificación enviouse demasiado tarde: un comando italiano xa atacara e afundira o SMS Viribus Unitis en Pola. O resto da frota dividiuse posteriormente, principalmente entre Italia, Francia e Gran Bretaña.
Se os Aliados viron este goberno como unha trampa para privalos do seu botín de guerra, os Estados neutrais sinalaron que non podían recoñecelo debido á imposibilidade de demostrar a característica clave para recoñecer a soberanía dun Estado, é dicir, o control do territorio.
O goberno non foi recoñecido internacionalmente antes de que o Consello Nacional decidise, o , unirse ao Reino de Serbia (que xa se unira co Reino de Montenegro, Voivodina e Sirmia) e formara o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos o 1 de decembro de 1918, renunciando ao acordo (Declaración de Xenebra) que o seu presidente Korošec lograra co primeiro ministro serbio Nikola Pašić e os representantes do Comité Iugoslavo no exilio para a unión cuase confederal dos dous estados, fundamentalmente debido á ameaza de invasión de parte do seu territorio por Italia.Macartney, páx. 366.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Ćorović, Vladimir: Ilustrovana istorija Srba. Serbia Central. (2006). Njegovan, Drago: Prisajedinjenje. Voivodina Central. (2004). Macartney, C. A.: Hungary and Her Successors: The Treaty of Trianon and Its Consequences, 1919-1937. Simon Publications (2001).
Outros artigos Banato, Bačka e Baranja Reino de Iugoslavia Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos Declaración de Corfú
Ligazóns externas Selos do Estado dos Serbios, Croatas e Eslovenos Mapa
Categoría:Historia de Austria Categoría:Iugoslavia Categoría:Estados desaparecidos de Europa