miniatura|Polo de apoio presencial da Universidade Aberta do Brasil en Cambuí, Minas Gerais, Brasil.
A educación a distancia é unha modalidade educativa na que o alumnado (discente) non comparte o mesmo espazo físico có profesorado (docente) durante o desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe.Kaplan Andreas M., Haenlein Michael (2016). Higher education and the digital revolution: About MOOCs, SPOCs, social media, and the Cookie Monster, Business Horizons, 59
Existen numerosas experiencias e modelos de educación a distancia no mundo enteiro que varían tanto polo tipo de contidos ensinados como polos medios utilizados. Os medios utilizados para a comunicación educativa ou para os recursos didácticos adoitan dar identidade a cada sistema. Así, por exemplo, fálase de ensino por correspondencia porque os envíos dos materiais e comunicación realízase por correo). Dedúcese desta observación que o soporte utilizado define en boa medida cada sistema e cada forma de desenvolver o proceso de ensino-aprendizaxe e que este soporte depende en grande medida das posibilidades técnicas e tecnolóxicas en cada momento histórico.
Concepto Dada a grande diversidade de modelos, resulta difícil unha definición xenérica de Educación a Distancia. Lorenzo García Aretio (2001, p. 113) indica unha definición integradora que recolle matices desde diversas perspectivas: A educación a distancia baséase nun diálogo didáctico mediado entre o profesor (institución) e o estudante que, situado nun espazo diferente ao daquel, aprende de forma independente (cooperativa).
Teorías Algúns dos autores máis relevantes que estudaron a educación a distancia foron: Wedemeyer (1971), que se centrou na importancia da posibilidade de desenvolver a aprendizaxe de forma independente. De Moore (1972), que elaborou a Teoría da distancia transaccional, que se refire ao grao de estruturación previa da aprendizaxe e ao diálogo que se establece para iso. De Holmberg (1977), que introduciu o concepto de diálogo didáctico mediado. Peters (1998), que fixo énfase na base industrializada dos procesos formativos a distancia e coidando en grande medida dos soportes utilizados e do deseño dos medios empregados.
Riscos Os sistemas formativos que se inclúen normalmente baixo esta denominación teñen unha serie de riscos comúns. Seguindo a García Aretio (2001, p. 30), podemos indicar: Separación profesorado-alumnado Utilización de medios técnicos Organización de apoio-titoría Aprendizaxe independente e flexíbel Comunicación bidireccional Enfoque tecnolóxico Comunicación masiva Procedementos industriais
miniatura|Caixa de correos en Pontevedra.
Perspectiva histórica O factores que contribúen ao nacemento e desenvolvemento da educación a distancia foron os cambios políticos orientados á democratización que estableceron novos dereitos á formación para as capas sociais con máis desvantaxes, o desenvolvemento do concepto de educación permanente que avala a necesidade de aprender ao longo de toda a vida, a necesidade da educación de persoas adultas e a consolidación de estratexias didácticas para elas, o desenvolvemento de ofertas, medios e modalidades educativas, así como o desenvolvemento das tecnoloxías e especialmente das aplicábeis á comunicación e á educación. Seguindo sobre todo os medios que se utilizaron de soporte, podemos observar que a educación a distancia pasou por catro fases: Ensino por correspondencia (correo postal); Ensino apoiado en medios de comunicación (prensa, radio, TV); Ensino por Internet (plataformas de formación, Correo electrónico, webs); Ensino en soportes móbiles;
miniatura|Os alumnos requiren medios como os ordenadores.
Facilidades e dificultades A educación a distancia presenta unha serie de vantaxes para as persoas que se forman a través dela como: Autonomía para organizarse e elixir os tempos e lugares de aprendizaxe Non necesita desprazarse diariamente ao centro formativo Permite contar cos materiais con antelación o que permite, por exemplo, adaptalos con máis facilidade ás persoas con discapacidade Compatibiliza a formación con outras ocupacións familiares, sociais, persoais ou laborais Permite manter a privacidade e intimidade da formación Posibilita as adaptacións que necesiten as persoas polas súas características e intereses Permite establecer relacións entre persoas distantes de contextos e culturas diversas
Do mesmo xeito, os estudos sobre educación a distancia revelan certas debilidades como: As altas taxas de abandono As dificultades para autoxestionar o tempo Os problemas relacionados cos medios (radio, conexións a Internet etc..) As limitacións á sociabilidades en modalidades individualistas A carencia de información de retorno tan abundante para o alumno Tanto a infraestrutura como os medios teñen que planificarse con moita antelación A estandarización da aprendizaxe se se utilizan sempre os mesmos medios para todos A dificultade para adquirir ou dispor de todos os medios necesarios, por exemplo, Internet na casa A necesidade de formación específica para o profesorado implicado Os custos da infraestrutura e medios que son estritamente necesarios para o seu desenvolvemento A dependencia de soportes mediados utilizados (texto, imaxe, Internet) que supoñen un manexo dos medios Desconfianza dos sistemas a distancia en certos contornos ou países Limitacións de desenvolvemento de certas competencias polos medios utilizados Dificultades para garantir a autoría das tarefas e actividades realizadas a distancia
miniatura|A Consellería de Educación está no Edificio de San Caetano en Santiago.
Experiencias paradigmáticas En Galicia A raíz da transferencia das competencias en materia educativa, creáronse de acordo coas titulacións establecidas pola Lei Xeral de Educación (1970) o Centro Galego de Educación Xeral Básica (CEGEBAD) para a obtención do Graduado Escolar e o Instituto Galego de Bacharelato a Distancia (INGABAD) para o Bacharelato.
A raíz da aprobación da LOXSE (1990), apareceu o Graduado de Educación Secundaria Obrigatoria que tamén houbo que adaptar ás persoas adultas. Na actualidade, en Galicia, a oferta non universitaria céntrase en: Educación Secundaria para persoas adultas Bacharelato para persoas adultas Orde do 26 de abril de 2007 pola que se ordenan e organizan as ensinanzas de bacharelato para adultos a distancia na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG 8 de maio de 2007 Formación profesionalOrde do 5 de novembro de 2010 pola que se establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para as persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial
miniatura|Logo da UOC.
En España AULAS MENTOR Relación de Aulas Mentor de Galicia Oferta de cursos de Educación non Formal deseñados polo Ministerio de Educación central que se imparten a través da rede de centros de educación permanente de adultos. CEAC CEAC Centro privado que naceu nos anos 40 e imparte cursos regrados e cursos non formais de Artes, Beleza, Construción, Educación, Negocios, Idiomas, Informática, Mantemento de Saúde, Turismo e Hostalería. DEUSTO FORMACIÓN Centro de formación empresarial enfocado na formación de xestión de empresas e novas tecnoloxías da información. CIDEAD Ofrece as ensinanzas de Primaria e Secundaria Obrigatoria para xente nova (por exemplo, que residen no estranxeiro), Secundaria Obrigatoria para Persoas Adultas (ESPAD), Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas Oficiais de Linguas. CAMPUS TRAINING Centro de Formación Profesional enfocado na inserción laboral. Radio ECCA''' Radio ECCA é unha rede de centro que apoia o proceso de aprendizaxe na radio. Orixinaria de Gran Canaria con programas culturais e educativos. That's English! That's English! Programa para aprender inglés a distancia do Ministerio de Educación e Formación Profesional UNED Universidade pública española de ámbito estatal que desenvolve a súa oferta formativa a distancia. Universitat Oberta de Catalunya (UOC) Universidade catalana de ámbito estatal que desenvolve a súa oferta formativa a distancia.
miniatura|Open University en Londres
En Europa Open University, universidade do Reino UnidoOpen University Centre National d' Enseignement à Distance (CNED), centro coordinador da oferta universitaria a distancia en FranciaCentre national d'enseignement à Distance Universidade Aberta, universidade de PortugalUniversidade Aberta
A Asociación Europea de Universidades de Ensino a Distancia A Asociación Europea de Universidades de Ensino a Distancia (en inglés: European Association of Distance Teaching Universities, EADTU) é a principal rede universitaria institucional de educación superior en liña, aberta e a distancia. Foi fundada en 1987, a asociación promove a innovación, a investigación, a colaboración, o desenvolvemento de proxectos conxuntos, a divulgación e congresos e eventos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía De Holmberg, M. (1977). Distance education. A survey and bibliographhy. Londres: Kogan Page. De Moore, M. G. (1972). Learner autonomy: the second dimensions of independent learning. Convergence Fall, pp. 76–88. García Aretio, L. (2001). La Educación a Distancia. Barcelona: Ariel. Peters, O. (1998). Concepts and models. No First National Conference on Distance Education. Manila. Wedemeyer, C. A. (1971). Independent study. En Deighton, L. C. (ed.) The Encyclopedia of Education'', 4, Nova York: Macmillan. Outros artigos Teleformación Ligazóns externas Asociación Iberoamericana de Educación Superior a Distancia (AIESAD) European Association of Distance Teaching Universities (EADTU) Revista de Educación a Distancia
Categoría:Experiencias e modalidades educativas