Manuel Mandianes Castro, nado en Loureses (Aguís, Os Blancos) o 14 de xaneiro de 1942, é un antropólogo galego.
Traxectoria Despois de estudar no seminario, marchou como misioneiro a Colombia, onde foi acusado de guerrilleiro e, como consecuencia, expatriado. Estudou teoloxía e antropoloxía en Estrasburgo (Francia)
É doutor en Etnografía e Antropoloxía En 1981, en Francia, coa tese titulada "Vivre en Galice"., en Ciencias Sociais e Socioloxía En 1982., e en Teoloxía En 1979, tamén en Francia..
Científico titular do CSIC, dirixiu o Instituto de Estudios Sociales Avanzados (IESA) en Barcelona (entre 1996-1999). Realizou traballos de investigación sobre temas antropolóxicos de Galicia. Publicou diversos capítulos en obras colectivas e artigos en revistas como Grial, Boletín Auriense e El Museo de Pontevedra. Foi colaborador do programa da TVG Luar. É colaborador asiduo en radio, televisión e diversos medios de prensa xeneralistas (El País, El Mundo, La Vanguardia, La Voz de Galicia, Faro de Vigo etc.).
Obras Loureses, antropoloxía dunha parroquia galega, 1984, Galaxia Xa fora publicada en Francia o ano anterior, baixo o título Loureses: un village de la Galice.. Las serpientes contra Santiago, 1989, Sotelo Blanco. Que enterren o meu corazón en Loureses, 1992, Biblioteca de Autores Galegos, Diario 16 de Galicia. El valle de Josafat, un fresco de la España actual, 1993. Peregrino a Santiago: viaje al fin del mundo, 1993. A concentración parcelaria (con Olegario Sotelo Blanco), 1994. O ciclo da vida (con Fina M. Antón), 1998. En cueros vivos. Pensamiento de Camilo José Cela sobre el hombre, 2002. O burro, 2002. O río do esquecemento. Identidade antropolóxica de Galicia, 2003 (Premio da Crítica de Galicia, 2004).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Gran Enciclopedia Galega, s.v. 'Mandianes Castro, Manuel'.
Ligazóns externas Diario nihilista de un antropólogo Blog de Manuel Mandianes Ficha do autor en Xerais
Categoría:Antropólogos de Galicia Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados nos Blancos Categoría:Nados en 1942 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Misioneiros