Mantiq al-Tair (منطق‌الطیر en persa, A conferencia dos paxaros ou Coloquio dos paxaros en galego) é un libro escrito ó redor dos séculos XII/XIII polo poeta persa Farid Uddín Attar.

Argumento É unha epopea mística que relata coma trinta paxaros, baixo a guía espiritual da bubela, reúnense e deciden ir en busca do rei-paxaro ou Simurg. O Simurg é a analoxía da divindade, orixe e destino de todo paxaro viaxeiro. Está considerada unha das obras máis salientables dentro da tradición relixiosa e cultural do sufismo. Servindo coma unha guía de iniciación para calquera persoa seguidora desta corrente mística musulmá coa fin de achegarse a Alá ou á divindade. Ademais do relato da viaxe, o libro inclúe diversos contos, lendas semihistóricas, citas do Corán ou relatos extraídos da tradición cultural persa que serven para ilustrar as dificultades da viaxe iniciática e de como superalas. Galería Colección no Museo Metropolitano de Arte , Nova York. Folio dun manuscrito de data c.1600 ilustrado.

Traducións A primeira tradución a unha lingua europea data do século XVI, na obra de Garcin de Tassy titulada Language des oiseaux . Posteriormente, no século XIX Edward FitzGerald traduciu o poema ó inglés. Jorge Luis Borges inspirouse na versión inglesa para escribir o seu relato El enigma de Edward FitzGerald, no volume Otras Inquisiciones

Véxase tamén Bibliografía “El coloquio de los pájaros” Editorial SUFI, Colección Generalife, Farid Uddín Attar. Tradución o castelán: Manuel Aguiar a partir da tradución francesa. "Otras Inquisiciones", Jorge Luis Borges, Alianza Editorial

Categoría:Obras de poesía en persa