A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é unha eurorrexión localizada no noroeste da Península Ibérica, e formada por Galicia e o Norte de Portugal. O territorio constituído polas dúas rexións ocupa unha superficie total duns 51.000 km², dos que 29.575 corresponden a Galicia, e 21.284 ao Norte de Portugal, e concentra unha poboación duns 6,4 millóns de habitantes, dos que 2 796 089 corresponde a Galicia, e 3 745 439 ao Norte de Portugal, o que se traduce nunha densidade de poboación de 125,8 hab./km².

No que respecta á dinámica de actividade e emprego na eurorrexión, esta concéntrase principalmente no sector servizos (57,1 %), na industria e construción (32,7 %) e no sector primario (10,2 %) (datos do IGE 2009). A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal configúrase actualmente como un espazo de forte interrelación social, económica e cultural, cheo de oportunidades e cun gran potencial de desenvolvemento futuro.

Constitución A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal constituíuse en setembro de 2008, coa constitución da Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza (AECT). Foi a primeira eurorrexión da Península Ibérica, e só tiña dous referentes en Europa: a agrupación Francia-Bélxica, con sede en Lille, e Hungría-Eslovaquia, con sede na cidade húngara de Esztergom. Vigo sería o centro de operacións da terceira eurorrexión. O responsábel da Comisión para o Desenvolvemento do Norte de Portugal, Carlos Lage, comentou o "grande interese" que tiña nela o presidente da Xunta: "sería desagradábel discutir", engadiu.La 'eurorregión' Galicia-Norte de Portugal se constituirá en septiembre Diario El País (España), 2/8/2008.

As AECT teñen unha entidade xurídica propia, o que supón "unha nova etapa" e unha "vía innovadora" para a colaboración entre Galicia e Portugal, segundo afirmou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, despois de reunirse con Carlos Lage. O organismo que até entón coordinaba as iniciativas comúns entre ambos os territorios, a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, creada en 1991, no tiña entidade xurídica.

Actividades A eurorrexión xestiona fondos europeos e proxectos de cooperación transfronteiriza. Ademais, levará a cabo o plan Galicia-Norte de Portugal, que conta cun orzamento de 100 millóns de euros e que xa puxo en marcha 130 proxectos.

Unha das variábeis que mellor traduce a influencia da conxuntura económica na calidade de vida da poboación é, sen dúbida, a taxa de desemprego en torno ao 11,7 % (datos do IGE 2009). Neste ámbito, ambas as dúas rexións tiñan, nesa data, niveis de desemprego menos graves que as respectivas medias nacionais.

Cabe destacar que o tráfico medio diario de vehículos pesados e lixeiros por esta zona fronteiriza supón o 49 % de todos os intercambios existentes ao longo de toda a fronteira entre España e Portugal.

En suma, este breve escenario caracterizador dos dous espazos que constitúen a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal asume un carácter de forte complementariedade pero, simultaneamente, converte este espazo nunha plataforma territorial fortemente competitiva nun contexto de crecente globalización e internacionalización da economía.Sitio da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal , Consultada o 12/1/2012.

Na actualidade, a eurorrexión forma parte do Programa de Cooperación Transfonteiriza España-Portugal (2003-2013).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Palmeiro Piñeiro, José Luis & Pazos Otón, Miguel (2008): "La Eurorregión Galicia-norte de Portugal: una aproximación a la movilidad en el contexto ibérico" in Estudios Geográficos, 69, Nº 264, paxs. 215-245. PDF

Outros artigos Eurorrexión Rexións do Suroeste Europeo Macrorrexión Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal

Ligazóns externas Especialistas galegos e portugueses debateram a Euro-Região Galiza-Norte de Portugal Externato Infante D. Henrique, de Ruílhe – Braga Consultada o12/1/20912. Eurorregión Galicia-Norte de Portugal en Cluster da madeira de Galicia ¿Crisis en la Eurorregión? Artigo de Emilio Pérez Touriño no xornal El País 10/10/2010. Consultada o 13/1/2012. Touriño aboga por un estatuto para la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal que incorpore a Asturias y parte de Castilla terranoticias Consultada o 13/1/2012. Novo disco dos Milladoiro é o hino da euroregião As possibilidades competitivas da Euro-região Galiza/Norte de Portugal Vídeo da UVIGO. Presenta: José Alberto Rio Fernandes, Profesor da Universidade do Porto. Relatorio: Luís Braga da Cruz, Presidente do Consello Social da Fundación CEER e da Fundaçao Serralves.

Categoría:Institucións de Galicia Categoría:Institucións de Portugal Categoría:Unión Europea