Vernon Leon Macklin, nado o 20 de setembro de 1986 en Portsmouth, Virxinia, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Kawasaki Brave Thunders da B.League xaponesa.
Traxectoria Macklin foi elixido na 52ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Detroit Pistons. O 9 de decembro de 2011, asinou o seu contrato polos Pistons. En marzo de 2012, foi asignado ós Fort Wayne Mad Ants da NBA Development League. Na súa etapa na D-League, acadou 15 puntos e 14 rebotes, e volveu ós Pistons en abril de 2012. En xullo de 2012, os Pistons decidiron non facerlle unha oferta a Macklin, e este pasou a ser axente libre non restrinxido.
En agosto de 2012, Macklin asinou co Royal Halı Gaziantep da Turkish Basketball League.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores do Gaziantep Basketbol