Daichi, tamén coñecido polo acrónimo ALOS (Advanced Land Observing Satellite) é un satélite artificial xaponés lanzado o 24 de xaneiro de 2006 desde o Centro Espacial de Tanegashima mediante un foguete H-2A.

Características Daichi, ao igual que o seu sucesor, Daichi 2, estaba adicado á observación e cartografía terrestres e á busca de recursos naturais. Funcionou ata o 22 de abril de 2011, en que perdeu enerxía, dándose por finalizada a misión.

Instrumentos O satélite levaba tres instrumentos a bordo:

PRISM (Panchromatic Remote-sensing Instrument for Stereo Mapping): cámara pancromática para cartografía cunha resolución de 2,5 metros. AVNIR-2 (Advanced Visible and Near Infrared Radiometer tipo 2): radiómetro para observación terrestre cunha resolución de 10 metros. PALSAR (Phased Array type L-band Synthetic Aperture Radar): radar de apertura sintética para observación terrestre diúrna e nocturna.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Daichi 2

Categoría:Satélites artificiais