Israel "IZ" Kaʻanoʻi Kamakawiwoʻole, nado en Honolulu o 20 de maio de 1959 e finado o 26 de xuño de 1997, foi un cantante hawaiano.
Traxectoria Fíxose famoso fóra de Hawai cando o seu álbum Facing Future foi lanzado ó mercado en 1993. A súa versión da "Over the Rainbow" e do clásico de Louis Armstrong "What a Wonderful World" foron empregados posteriormente en varios filmes, programas de televisión e en publicidade.
A través do seu ukelele e da incorporación doutros xéneros musicais á súa música (como o jazz e o reggae), Kamakawiwoʻole converteuse nunha das referencias da música de Hawai.
Política Kamakawiwoʻole era coñecido por ser un defensor dos dereitos dos hawaianos e da independencia de Hawai, tanto a través das súas letras, que aludían a miúdo o tema da independencia de forma directa, como da súa vida.Carroll, Rick. Iz: Voice of the People. Honolulu, Hawai'i: Bess, 2006. Print. A súa canción Hawai'i '78 é unha mostra das súas crenzas e esperanzas que tiña para o pobo de Hawai.Israel Kamakawiwo'ole. "Hawai'i '78." Facing Future. Mountain Apple Company, 1993. MP3. O lema do estado de Hawai é unha liña recorrente na canción e abarca o significado da mensaxe de Iz: Ua Mau ke Ea o ka ʻĀina i ka Pono (que significa: A vida nesta terra perpetúase na xustiza).
Discografía Álbums Ka ʻAnoʻi (1990) Facing Future (1993) E Ala E (1995) N Dis Life (1996) Iz in Concert: The Man and His Music (1998) Alone in Iz World (2001) Wonderful World (2007) Over the Rainbow (2011)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha na IMDb Páxina oficial Israel Kamakawiwoʻole
Categoría:Cantantes de Hawai Categoría:Personalidades de Hawai Categoría:Nados en Honolulu, Hawai Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nacionalistas hawaianos Categoría:Finados en 1997