Julio Gallego Moure, nado en Lourido Grande (Renche, Samos) en 1962, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Fillo de Julio Gallego Losada, que foi alcalde de Samos en 1983, é empresario gandeiro. Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Samos nas eleccións municipais de 2003 e foi elixido concelleiro. Nas municipais de 2007 volveu ser cabeza de lista do PSdeG e foi elixido alcalde co apoio dos dous concelleiros de TEGA e do concelleiro do Partido Galeguista, formando un goberno de coalición con ambas formacións. Nas eleccións municipais de 2011 integrou nas listas do PSdeG a edís de TEGA e PG e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2015 e 2019 acadou de novo a alcaldía con maioría absoluta.

En febreiro de 2023 anunciou que se retiraba da política ó final do mandato e que apoiaría ó seu fillo Miguel Gallego como candidato á alcaldía polo PPdeG. En consecuencia foi expulsado do PSdeG.El PSOE echa a su alcalde de Samos, Julio Gallego, tras fichar el PP a su hijo, Miguel Gallego

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Samos

Ligazóns externas Entrevista en El Progreso

Categoría:Alcaldes de Samos Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Samos Categoría:Nados en 1961 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes