O distrito de Masaka é un distrito da Rexión Central de Uganda. A súa principal poboación é Masaka, cunha poboación estimada no ano 2011 de 74.100 habitantes.
Limita co distrito de Bukomansimbi polo noroeste, co distrito de Kalungu polo norte, co distrito de Kalangala polo leste e sur, co distrito de Rakai polo sueste e co distrito de Lwengo polo oeste.
O distrito Masaka foi establecido no 1900 comprendendo o que eran condados do reino Buganda: Buddu, Kooki, Kabula e Mawogola. Inicialmente, Kooki e Kabula pasaron a formar o distrito de Rakai. Logo, a parte norte do Distrito Rakai modificouse para formar o distrito de Lyantonde. En 1997, o Condado Mawogola separouse de Buddu e foi nomeado distrito de Sembabule. Buddu foi rebautizado como distrito de Masaka.
No 2010, Buddu foi debullado en catro distritos, especialmente: Distrito de Bukomansimbi Distrito de Kalungu Distrito de Lwengo Distrito de Masaka
Demografía O censo do 2002 facía unha estimación da poboación do distrito de Masaka de 228.200 habitantes, cun crecemento anual darredor un 3.0%. Con estes datos, para o ano 2010, a poboación do distrito era de aproximadamente 289.000 habitantes:
Poboación do distrito de Masaka Ano Poboación estimada2002 228.2002003 235.0502004 242.1002005 249.3502006 256.8002007 264.5002008 272.4002009 280.6002010 289.000
Cultura O distrito posúe un rico patrimonio cultural, así como diversidade étnica. A maioría da xente é do grupo baganda, seguido polos grupos banyankole, banyarwanda e banyoro. A maioría das xentes inclúense dentro da cultura de Buganda e a lingua máis falada é o luganda.
Economía A economía baséase grandemente no rural, con industrias a pequena escala do café, de refrescos, do metal e do algodón.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre o Distrito Masaka
Masaka