miniatura|dereita|300 px|Megacariocitos na medula ósea. miniatura|dereita|Esquema dun megacariocito co seu núcleo único multilobulado e liberando plaquetas. Os megacariocitos son células de gran tamaño de núcleo multilobulado poliploide da medula ósea que orixinan as plaquetas ou trombocitos do sangue, estas últimas necesarias para a coagulación do sangue. Normalmente na medula ósea 1 de cada 10.000 células é un megacariocito, pero esta proporción de megacariocitos pode aumentar ata case 10 veces en certas enfermidades.
Estrutura En xeral os megacariocitos son células moi grandes, de 10 a 15 veces meirandes ca un glóbulo vermello típico, cun diámetro medio de 50-100 μm. Durante a súa maduración, o megacariocito crece en tamaño e replica o seu ADN sen sufrir citocinese nun proceso chamado endomitose. Como resultado, o núcleo do megacariocito chega a facerse moi grande e lobulado, e visto co microscopio óptico pode dar a falsa impresión de que a célula ten varios núcleos, aínda que realmente é un só. Nalgúns casos o núcleo pode conter ata 32 copias do complemento normal de ADN dunha célula humana (poliploides).
O citoplasma, igual que as plaquetas que se evaxinan del, contén gránulos α e corpos densos.
Desenvolvemento dos megacariocitos Liñaxe das células sanguíneas|esquerda|250px Os megacariocitos derivan de células nai hematopoéticas precursoras da medula ósea. A maioría dos megacariocitos permanece na medula pero algúns poden pasar ao sangue e instalarse no fígado, pulmóns, riles e bazoD. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 255-261. ISBN 84-7605-361-4. Estas células nai multipotentes das que derivan os megacariocitos viven nos sinusoides da medula ósea e poden producir todos os tipos de células sanguíneas dependendo dos sinais que reciban. O sinal principal para a produción de megacariocitos é a trombopoetina ou TPO. A trombopoetina é suficiente para desencadear esta produción pero non absolutamente necesaria para inducir a diferenciación das células proxenitoras da medula ósea en megacariocitos. Outros sinais moleculares que inflúen son: GM-CSF, IL-3, IL-6, IL-11, quimiocinas (SDF-1 ; FGF-4), e a eritropoetina. O megacariocito orixínase a través da seguinte liña celular:
UFC-Me ou unidade formadora de colonias-megacariocito (célula nai hemopoiética pluripotencial ou hemocitoblasto) → megacarioblasto → promegacariocito → megacariocito.
Cando a célula chega ao estado de megacarioblasto perde a súa capacidade de dividirse, pero aínda pode replicar o seu ADN e continuar o seu desenvolvemento, facéndose poliploide. O citoplasma segue expandíndose e o complemento de ADN chega a ser 32 veces maior ca o dunha célula diploide normal (64N).
Liberación das plaquetas Unha vez que a célula completou a súa diferenciación e é un megacariocito maduro, empeza a producir plaquetas (trombocitos). A trombopoetina induce aos megacariocitos a formar pequenas prolongacioóns protoplaquetarias (proplaquetas).
O proceso de formación de plaquetas comeza coa formación no citoplasma de estruturas tubulares membranosas paralelas, que conteñen gránulos e que representa cada unha unha futura plaqueta. As futuras plaquetas están delimitadas por estas membranas internas no citoplasma dos megacariocitos .
Os megacariocitos están situados xusto debaixo do endotelio dos sinusoides da medula ósea e emiten prolongacións (proplaquetas) que penetran no endotelio e asoman á súa luz . Propuxéronse dous mecanismos para explicar a liberación das plaquetas. Unha posibilidade é que estas prolongacións potoplaquetarias (proplaquetas) se manteñan unidas ao megacariocito e rompan explosivamente e se convertan en plaquetas. Outra posibilidade alternativa é que a célula solte estas prolongación con forma de fita, que se orixinaron a partir de pseudópodos, nos seos vasculares da medula ósea e circulen polos vasos sanguíneos. Estas fitas poden emitir plaquetas continuamente na circulación sanguínea. En cada un destes dous posibles escenarios, cada prolongación protoplaquetaria pode orixinar de 2000 a 5000 novas plaquetas ao romper. En total, 2/3 destas plaquetas recentemente producidas permanecerán na circulación sanguínea, e 1/3 quedarán almacenadas no bazo.
Despois de evaxinárense as plaquetas, o que queda do megacariocito é principalmente o núcleo. Este resto do megacariocito cruza a barreira da medula ósea, pasa ao sangue e é consumido cando chega aos pulmóns polos macrófagos alveolares.
Efectos das citocinas As citocinas son moléculas sinalizadoras utilizadas polo sistema inmunitario para a comunicación intercelular. Hai moitas citocinas que afectan aos megacariocitos. Certas citocinas como a IL-3, IL-6, IL-11, LIF, eritropoetina, e trombopoetina poden estimular a maduración das células proxenitoras dos megacariocitos. Outros sinais como o PF4, CXCL5, CXCL7, e CCL5 inhiben a formación das plaquetas.
Trombopoetina
A trombopoetina (TPO) é unha proteína de 353 aminoácidos localizada no cromosoma 3p27. A TPO é sintetizada principalmente no fígado pero pode selo tamén nos riles, testículos, cerebro, e nas células do estroma da medula ósea. Ten moita homoloxía coa eritropoetina. É esencial para a formación da cantidade adecuada de plaquetas. Os ratos que carecen de TPO ou do receptor da TPO (Mpl) presentan unha redución do 90 % no número de plaquetas circulantes, aínda que as súas plaquetas son normais en morfoloxía e función.
Enfermidades Os megacariocitos son os responsables directos da produción de plaquetas, as cales son necesarias para a formación dos coágulos ou trombos de sangue. Hai varias doenzas que se poden atribuír a un funcionamento anormal dos megacariocitos ou das plaquetas.
Trombocitemia esencial A trombocitemia esencial é un trastorno caracterizado pola presenza dun número de plaquetas circulantes extremadamente alto. A enfermidade dáse nunha proporción de 1 ou 2 casos por cada 100.000 persoas. Os requirimentos actuais da Organización Mundial da Saúde para a súa diagnose son ter máis de 600.000 plaquetas/μL de sangue (o normal é 150.000-400.000) e facer unha biopsia de medula ósea. Unha das consecuencias de ter un número de plaquetas tan elevado é a trombose ou formación de coágulos por todo o corpo. Os trombos fórmanse máis frecuentemente nas arterias que nas veas. Pero, curiosamente, se o número de plaquetas é superior a 1 000 000 por μL poden producirse hemorraxias. Evidencias recentes suxiren que a maioría dos casos de trombocitemia esencial se deben a unha mutación na proteína JAK2, que forma parte da vía JAK-STAT de sinalización, que activa a transcrición de certos xenes. As evidencias suxiren que esta mutación fai aos megacariocitos hipersensibles á trombopoetina e causa a proliferación clonal dos megacariocitos. Hai un risco significativo de que o trastorno dexenere en leucemia. O principal tratamento é a anagrelide ou hidroxiurea para rebaixar os niveis de plaquetas.
Trombocitopenia amegacariocítica conxénita A trombocitopenia amegacariocítica conxénita (CAMT) é un raro trastorno hereditario. As súas principais manifestacións son trombocitopenia e megacariocitopenia, é dicir, cantidades anormalmente baixas de plaquetas e megacariocitos. Preséntase unha ausencia de megacariocitos na medula ósea, que non está asociada con anormalidades físicas. A causa deste trastorno parece ser unha mutación no xene do receptor da trombopoetina, o c-mpl, a pesar de que os niveis séricos de trombopoetina son altos. Ademais, pode haber anormalidades no sistema nervioso central que afectan ao cerebro e cerebelo, o cal pode orixinar algúns dos síntomas. O tratamento desta trombocitopenia é o transplante de medula ósea.
Un transplante de células nai/medula ósea é o único remedio para esta enfermidade xenética. Xeralmente cómpren frecuentes transfusións de plaquetas para evitar que o paciente sangre ata a morte ata que se complete o transplante, aínda que non en todos os casos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Megakaryocytes: Mature Numerosas imaxes microscópicas de megacariocitos. Cell size comparison CAMT Specific Infant Bone Marrow Transplant Journal
Categoría:Histoloxía Categoría:Hematoloxía