Agosto é o oitavo mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. Foi nomeado na honra do emperador romano Octavio Augusto (Octavianus Augustus). Anteriormente o mes tiña o nome de Sextilis, pois era o sexto mes do ano romano que empezaba en marzo, mais foi renomeado por ser o mes no que morreu Cleopatra.

En Galicia recibe tamén o nome de mes da Nosa Señora, por celebrarse o día 15 o día de Santa María.

Festas e celebracións O primeiro venres de agosto celébrase o Día Internacional da Cervexa. O segundo domingo de agosto celébrase o Día de Cantabria, celebracíon que naceu en 1967 como Día da Montaña. O terceiro sábado de agosto celébrase o Día Internacional do Animal sen Fogar.

Agosto na cultura popular

A lúa crecente de agosto é a mellor para que aproveiten os baños a un enfermo.

Santa Clara (11 de agosto) é avogosa para o bo tempo. Por iso, para asegura-lo sol no día da voda é costume levar ovos a Santa Clara. Tamén se lle pide que interceda para conseguir boas notas nos exames.miniatura|Agosto ilustrado no libro de horas Les Très Riches Heures du Duc de Berry, manuscrito do século XV.|centro Notas

Véxase tamén

Bibliografía RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961. RODRÍGUEZ LÓPEZ, Jesús: Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares. Ed. Celta, Lugo 1974.

Categoría:Meses