miniatura|Novembro ilustrado no libro de horas Les Très Riches Heures du Duc de Berry, manuscrito do s. XV. Novembro ou san Martiño é o undécimo mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días. O seu nome deriva de ter sido o noveno mes do calendario romano.
En Galicia recibe diferentes denominacións populares: Mes santo, Mes de Santos, Mes morto, Mes dos mortos ou San Martiño.
Acontecementos en novembro Día 1: Día de Tódolos Santos. Día 2: Día de Defuntos.
Primeiro xoves: Día Mundial da Preservación dixital. Segundo domingo: Día Mundial do Enoturismo Terceiro mércores: Día Mundial contra a DPOC. Terceiro domingo: Día Mundial en memoria das Vítimas de Accidentes de Tráfico. Foi establecido en 2005 pola Asemblea Xeral da ONU .
Novembro na cultura popular galega
Normalmente é cando se realiza a mata ou matanza dos porcos nas aldeas, contra o día de san Martiño. Aínda se fan magostos.
Refraneiro Por santo André, toma o porco polo pé Santo André, 30 de novembro. Por santa Erea, toma os bois e semea; por san Martiño, nin fabas nin liño Santa Irea ou Erea, 18 de setembro; san Martiño, 11 de novembro. Santos e natal, inverno carnal.
Notas
Categoría:Meses