miniatura|dereita|Fórmula xeral dun hemiaminal. En química orgánica, un hemiaminal é un grupo funcional ou clase de composto químico que ten un grupo hidroxilo e unha amina unidos ao mesmo átomo de carbono, coa fórmula -C(OH)(NR2)-, onde R pode ser hidróxeno ou un grupo alquilo. Os hemiaminais son intermediarios na formación de iminas a partir de aminas e carbonilos, por alquilimino-de-oxo-bisubstitución.
Un exemplo é o hemiaminal que se obtién da reacción da amina secundaria carbazol e o formaldehidoCarbazol-9-yl-methanol Milata Viktor, Kada Rudolf, Lokaj Ján Molbank 2004, M354 open access publication Reacción en metanol en refluxo con carbonato de potasio. A catálise ácida transforma o hemiaminal en aminal N,N´-biscarbazol-9-il-metano.
400px|Reacción do carbazol con formaldehido para producir carbazol-9-il-metanol
Os hemiaminais xerados a partir de aminas primarias son inestables, ata o punto de que nunca foron illados, e rara vez foron observados directamente. Nun estudo de 2007, unha subestrutura hemiaminal atrapada na cavidade dun complexo hóspede-hospedante foi estudada cunha vida media de 30 minutos. Debido a que tanto a amina coma o grupo carbonilo están illados nunha cavidade, a formación do hemiaminal está favorecida debido á alta velocidade de reacción directa, comparable a unha reacción intramolecular, e tamén debido ao acceso restrinxido de bases externas (outra amina) á mesma cavidade, que favorecería a eliminación de auga para dar a imina.Stabilization of Labile Carbonyl Addition Intermediates by a Synthetic Receptor Tetsuo Iwasawa, Richard J. Hooley, Julius Rebek Jr. Science 317, 493 (2007)
A formación de hemiaminal é un paso chave na síntese total asimétrica da saxitoxina:(+)-Saxitoxin: A First and Second Generation Stereoselective Synthesis James J. Fleming, Matthew D. McReynolds, and J. Du Bois J. Am. Chem. Soc., 129 (32), 9964 -9975, 2007.
400px|Formación dun hemiaminal na síntese da saxitoxina. Neste paso da reacción, o grupo alqueno é oxidado primeiro a un intermediario acroleína, por acción do cloruro de osmio(III), peroximonosulfato de potasio (catalizador de sacrificio) e carbonato de sodio (base).
Hemiaminal éter Os compostos do tipo R2C(OR')NR2, con R distinto do H denomínanse hemiaminal éteres ou alfa-amino-éteres IUPAC Gold Book Hemiaminal. As glicosilaminas son exemplos de hemiaminal éter cíclico.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Aminal Amina
Categoría:Química orgánica Categoría:Grupos funcionais