Alberto Platas Álvarez, nado en Aranga en 1976, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Concelleiro polo PPdeG en Aranga, foi primeiro tenente de alcalde. Era o número 2 da candidatura do PPdeG para as municipais de 2011, pero logo do falecemento do alcalde e candidato Manuel Brañas Abad o 2 de maio, converteuse en cabeza de lista. Foi elixido alcalde con maioría absoluta, e reelixido posteriormente nas eleccións do ano 2015 tamén con maioría absoluta e, igualmente nas de 2019.Saúdo do alcalde , consultado o 14-09-2019 Tamén revalidou a alcaldía nas eleccións de maio de 2023.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Aranga
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Aranga Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Aranga Categoría:Nados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes