Rosa María Miguélez Ramos, nada en Ferrol o 27 de agosto de 1953, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Licenciada en filoloxía románica, cursou estudos de Bioloxía en Francia. Milita no PSdeG-PSOE, do que foi membro da comisión executiva como secretaria de participación cidadá e movementos sociais de 1988 a 1993.
Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Ares e foi elixida alcaldesa, de 1991 a 1995 foi tenente de alcalde. Entre 1987 e 1989 foi Directora Xeral da Comisión Interdepartamental da Muller e xefa de Gabinete do Conselleiro de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia. Foi elixida deputada nas eleccións ao Parlamento de Galicia 1989 e ata 1993 foi vicepresidenta da comisión de sanidade do Parlamento de Galicia.
De 1994 a 1999 foi asesora técnica da delegación do PSOE no Parlamento Europeo, ata que foi elixida deputada nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1999 e 2004. De 1999 a 2009 foi vicepresidenta da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo e entre 2002-2003 vicepresidenta da Comisión Temporal sobre o Reforzamento da Seguridade Marítima. Ademais, de 1999 a 2004 foi vicepresidenta primeira da Comisión Temporal MARE pola catástrofe do Prestige.
Dende o 24 de xullo de 2009 é a presidenta da Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA).
Popularmente é coñecida por ter sido albo dunha agresión física na cafetaría do Parlamento de Galicia en 1993, por parte da daquela militante do PPdeG Karina Falagan.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ares
Ligazóns externas Ficha do Partido Socialista Europeo Ficha do Parlamento Europeo Entrevista en El Correo Gallego
Categoría:Alcaldes de Ares Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Europarlamentarios de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Europarlamentarios do S&D Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Europarlamentarios de España (1999-2004) Categoría:Europarlamentarios de España (2004-2009) Categoría:Nados en 1953 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes