Lucía Jiménez, nada en Segovia o 21 de novembro de 1978, é unha actriz e cantante castelá-leonesa.
Traxectoria A súa primeira actuación no mundo do cine foi da man de David Trueba en La buena vida, logo de ir a un casting tras a recomendación da súa irmá máis vella Rebeca, que tamén é actriz e cantante. No filme de David Trueba compartía protagonismo con Fernando Ramallo e Luis Cuenca. Esta película significou o seu salto á fama, e entre outras cousas a súa participación en numerosos festivais internacionais, como a Quincena dos Realizadores de Cannes, onde a película tivo un notable éxito. Con este filme foi candidata aos Premios Goya á mellor actriz revelación.
A súa popularidade medrou en España por mor da serie Al salir de clase, como outras actrices da súa xeración como Elsa Pataky ou Pilar López de Ayala. Deixou o papel protagonista nesta serie para se dedicar enteiramente ao cine. Logo protagonizou outras películas como Silencio roto ou Tinta roja.
O 30 de agosto de 2008 casou co actor Benito Sagredo en Segovia e en 2010 tiveron o seu primeiro fillo, León.
Obra Cinema La buena vida (David Trueba, 1996) No se lo digas a nadie (Francisco J. Lombardi, 1998) Una pareja perfecta (Francesc Betriu, 1998) El olor del vientre (Beatriz Castro, 1998) Tinta Roja (Francisco J. Lombardi, 2000) Kasbah (Mariano Barroso, 2000) El arte de morir (Álvaro Fernández Armero, 2000) Mi abuelo es un animal (Mariano Barroso, 2000) Silencio roto (Montxo Armendáriz, 2001) La caída del imperio (Fernando Merinero, 2001) Estés donde estés (Nicolás Tapia, 2001) El refugio del mal (Félix Cábez, 2002) Mantis (Kike León, 2002) Ilegal (Ignacio Vilar, 2003) Mujeres infieles (Rodrigo Ortuzar, 2004) Occhi di cristallo (Eros Puglielli, 2004) El atraco (Paolo Agazzi, 2004) Los 2 lados de la cama (Emilio Martínez Lázaro, 2005) Pobre juventud (Miguel Jiménez, 2005) Los Borgia (Antonio Hernández, 2006) La caja Kovak (Daniel Monzón, 2006) El club de los suicidas (Roberto Santiago, 2007) Café solo o con ellas (Álvaro Díaz Lorenzo, 2007) Camara oculta (Bryan Goeres, 2007) Sangre de mayo (José Luis Garci, 2008) Cosas insignificantes (Andrea Martínez, 2008) Proyecto Dos (Guillermo Fernández Groizard, 2008) Butterflies & Lightning (Katherine Griffin, 2009) Holmes. Madrid suite 1890 (José Luis Garci, 2012)
Televisión Al salir de clase (1997, como Silvia) Jugar a matar (2003, como Inés) Hidden Camera (2007, como Alejandra) La Señora (2008, como Encarna) Cazadores de hombres (2008, como Elena Ocaña) Ben-Hur (2010, como Athene) República (2011, como Encarna)
Categoría:Actores de Castela e León Categoría:Nados en Segovia Categoría:Nados en 1978