José Ignacio Portos Vázquez, nado en Cardeiro (Boimorto) en 1964, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Gandeiro de profesión. Foi concelleiro en Boimorto polo PPdeG (1991-2003). Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura da Agrupación de Independentes de Boimorto (AIB) e foi elixido alcalde grazas ao apoio de BNG e PSdeG-PSOE. Nas municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Boimorto e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde grazas ao apoio do BNG. No mes de maio de 2014, José Ignacio Portos renunciou á alcaldía de Boimorto por motivos de saúdeIgnacio Portos deja la alcaldía de Boimorto tras once años La Voz de Galicia, 21/05/2014 . Foi relevado no cargo por Ana Ledo Fernández, número dous da lista do PSdeG-PSOE.
Notas
Véxase tamén Outras páxinas Eleccións municipais en Boimorto
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Boimorto Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Boimorto Categoría:Nados en 1964 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes