O imperio contraataca ou A guerra das galaxias, episodio V: O imperio contraataca (en ) é un filme estadounidense dirixido por Irvin Kershner e producido por George Lucas que se estreou en 1980. É o segundo filme da saga de Star Wars, pero o quinto en orde cronolóxica interna da saga. Estreouse en galego na TVG o 28 de decembro de 1990.

Sinopse Tras un ataque sorpresa das tropas imperiais ás bases camufladas da alianza rebelde, Luke Skywalker, en compaña de R2-D2, parte cara ao planeta Dagobah en busca de Yoda, o derradeiro mestre Jedi, para que lle ensine os segredos da Forza. Mentres, Han Solo, a Princesa Leia, Chewbacca, e C-3PO esquivan as forzas imperiais e piden refuxio ó antigo propietario do Falcón Milenario, Lando Calrissian, no planeta mineiro de Bespin, onde lles agarda unha trampa de Darth Vader.

Personaxes Mark Hamill como Luke Skywalker Harrison Ford como Han Solo Carrie Fisher como Princesa Leia Organa Billy Dee Williams como Lando Calrissian Anthony Daniels como C-3PO David Prowse como Darth Vader Kenny Baker como R2-D2 Peter Mayhew como Chewbacca Frank Oz como Yoda Jeremy Bulloch como Boba Fett Alec Guinness como Obi-Wan "Ben" Kenobi Denis Lawson como Wedge Antilles Clive Revill como a voz do Emperador Palpatine

Galardóns e nomeamentos 1980: 2 Oscars: Mellor son, efectos visuais (premio especial). 4 nomeamentos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de Star Wars Categoría:Filmes de 1980 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Irvin Kershner Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de guerra e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes con banda sonora de John Williams Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de Elstree Studios Categoría:Filmes rodados en Noruega Categoría:Filmes sobre xemelgos Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 1980 con versión en galego