Cleopatra é un cráter complexo dentro da parte oriental da rexión dos Maxwell Montes do planeta Venus, e está situado nas coordenadas 65,8° N 7,1° E. O cráter ten 105 km de diámetro e 2,5 km de profundidade, posúe paredes con chanzos, un dobre anel na crista do cráter, cun chan moi liso e escuro ó radar, e que a simple vista non ten cumio central (algo pouco frecuente nos cráteres de Venus). Tamén chama moito a atención unha sinuosa canle, a xeito de desaugadoiro, que atravesa a escarpada dobre crista do cráter. A través desta canle fluíu unha gran cantidade de lava e que cubriu varios vales na rexión de Fortuna Tessera. Cleopatra está superposto sobre ás estruturas dos Maxwell Montes e estas aparecen deformadas polo cráter, o cal indica que este cráter é relativamente recente.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cráter de impacto Barton Buck Maxwell Montes

Categoría:Cráteres de impacto de Venus