José Antonio Domínguez García, nado en Cee o 30 de abril de 1955,La Voz de Galicia, 16-5-2007, p. L6. é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Electricista. Chegou á política nas municipais de 1987 con Coalición Progresista Galega. Nas eleccións municipais de 1991 presentou polo PPdeG. En 1993 acadou a acta de concelleiro. Nas municipais de 1995 foi cabeza de lista do PPdeG. Nas eleccións municipais de 1999 volveu encabezar a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cee e foi elixido concelleiro. Accedeu á alcaldía de Cee trala dimisión de Manuel Lamela Lestón e a moción de censura de PPdeG e IxCee o 11 de maio de 2001. Nas municipais de 2003 volveu ser elixido alcalde, agora por maioría absoluta. Nas municipais de 2007 foi o candidato máis votado, pero pasando de 7 a 4 concelleiros, polo que un pacto entre IxCee e PSdeG afastouno do goberno. Foi deputado provincial. Nas municipais de 2019, tras 8 anos retirado da política municipal, foi de novo candidato á alcaldía polo PPdeG, pero non conseguiu a alcaldía ó gañar o PSdeG-PSOE.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cee

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Cee Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Cee Categoría:Nados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes