Jorge Cubela López, nado en Pontevedra o 27 de febreiro de 1989, é un político galego do PPdeG. Actualmente é o alcalde de Cerdedo Cotobade.
Traxectoria Licenciado en Dereito e afiliado a Novas Xeracións. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía do Concello de Cotobade e foi elixido alcalde con maioría absoluta"Cubela márcase como reto dar "un impulso a Cotobade" no económico e en infraestruturas", artigo en Faro de Vigo, 12 de xuño de 2011..
Trala fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade en 2016, Jorge Cubela foi nomeado presidente da Xestora que rexeu o novo concello de Cerdedo Cotobade ata as eleccións municipais de 2019."Jorge Cubela designado presidente de la gestora de Cerdedo-Cotobade", artigo en Noticiasgalicia.com, 20 de outubro de 2016.
Nas eleccións municipais de 2019 foi elixido primeiro alcalde do novo concello con 65,49% dos votos (9 concelleiros de 13 elixibles)."Jorge Cubela será el primer alcalde de Cerdedo-Cotobade" Nas municipais de 2023 conseguiu 68,8% dos votos e sumou 10 concelleiros.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais en Cotobade
Ligazóns externas Jorge Cubela: «Estoy poniendo a Cotobade en el mapa», entrevista de María Conde en La Voz de Galicia, 24 de maio de 2011. Jorge Cubela: "La gente que va con prisas suele estrellarse", entrevista en Faro de Vigo, 24 de maio de 2011.
Categoría:Alcaldes de Cotobade Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Pontevedra