Terá as túas balas é unha novela curta en lingua galega publicada no ano 2000 pola editorial Sotelo Blanco e escrita por Xabier Cid. Foi finalista do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey dese ano. Está dividida en cinco capítulos.
Trama Un asasino profesional leva un centenar de vítimas nos últimos vinte anos. O seu nome é Damián. A acción discorre en M., un topos imaxinario. Damián, que rolda os corenta anos, recibe a encarga de liquidar un sindicalista dunha empresa de plásticos. Así comeza a novela, que se irá complicando e na que irán desfilando unha serie de personaxes entre os cales destaca a figura de Xulia.
Categoría:Obras literarias de 2000 Categoría:Novelas en galego