¿E decímolo ou non decimos? é unha curtametraxe galega de 1985, dirixida por Manuel Yáñez Castro e baseada nun relato de Ánxel Fole.

Trama Dous amigos dinlle a Xusto que é gafe porque así o estipulou a providencia, pois naceu o martes 13 do mes da sega de 1913, ano en que o rei Afonso XIII sufriu un atentado. O día do seu aniversario, gástanlle unha brincadeira acusándoo da morte do "Vampiro", cun revólver.

Características Foi rodada en 35 mm, na zona vella de Pontevedra. Contou cunha subvención da dirección xeral de cultura da Xunta de Galicia. Está baseada no relato de Ánxel Fole "¿E decímolo ou non-o decimos?", escrito en 1972 e incluído no libro Historias que ninguén cre (1981).

Equipo técnico Axudante dirección: Milagros Bará Viñas Script: Manuela Soto Moreira Maquillaxe: Solange Aumaitre Peiteado: Isabel Trabazo Cámara: Antonio Yáñez Castro Iluminación: Jorge Malvar

Véxase tamén Ligazóns externas ¿E decímolo ou non decimos? en YouTube. Ficha na web da AVG

Categoría:Curtametraxes galegas Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Pontevedra Categoría:Filmes de 1985