Éditions Gallimard é unha editorial independente francesa, fundada por Gaston Gallimard e dirixida en 2011 por Antoine Gallimard. Traxectoria O 31 de maio de 1911, Gaston Gallimard fíxose cargo da dirección das edicións da Nouvelle Revue Française (NRF), logo do pedido dos seus creadores: André Gide e Jean Schlumberger. Gide e Paul Claudel inauguraron a nova editorial. Logo, outros grandes nomes da literatura francesa virían engrosar o catálogo: Marcel Proust, Jules Supervielle, André Malraux, Antoine de Saint-Exupéry, Jean-Paul Sartre, René Char, Simone de Beauvoir, Maurice Merleau-Ponty, Simone Weil, Albert Camus, Marguerite Duras, Milan Kundera, Raphaël Enthoven, etc. 40 escritores obtiveron o Premio Nobel. 37 escritores gañaron o Premio Goncourt.
O 15 de xaneiro de 1976, morreu Gaston Gallimard e Claude asumiu a presidencia da editorial, onde permaneceu até 1988, cando deixou a dirección ao seu fillo Antoine,que en 2011 era o presidente.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Découvertes Gallimard
Ligazóns externas Sitio oficial
Categoría:Editoriais de Francia