Miguel Ángel Revilla Roiz, nado en Salceda (Polaciones) o 23 de xaneiro de 1943, é un economista e político rexionalista cántabro, considerado centrista."Revilla mostró en Madrid su perfil más centrista", en El Diario Montañés Consultado o 2 de agosto de 2013.
Traxectoria Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais e diplomado en Banca e Bolsa pola Universidade do País Vasco, é empregado de banca en excedencia.
Foi delegado comarcal do Sindicato Vertical franquista durante a ditadura. Entre 1974 e 1982 dirixiu a sucursal do Banco Atlántico en Torrelavega. Así mesmo, de 1979 a 1982 foi profesor de Estrutura Económica na Escola Superior de Dirección de Empresas de Santander, antes de acceder á Universidade de Cantabria, onde exerceu como profesor asociado de Política Económica e Facenda Pública até 1995.
Revilla foi presidente do Goberno de Cantabria entre 2003 e 2011, e posteriormente, entre 2015 e 2023, e foi o secretario xeral do Partido Regionalista de Cantabria dende 1988 até 2025.
Obras publicadas La economía de Cantabria (1978) Nadie es más que nadie (2012, Espasa-Calpe) La jungla de los listos (2014, Espasa-Calpe). Este país merece la pena (2014, Espasa-Calpe). Ser feliz no es caro (2016). Sin censura (2018, Espasa-Calpe). ¿Por qué no nos queremos? (2020).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Videoblog de Miguel Ángel Revilla
Categoría:Políticos de Cantabria Categoría:Presidentes de Cantabria Categoría:Nados en Polaciones Categoría:Nados en 1943 Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Profesores da Universidade de Cantabria