Ana María Oramas González-Moro, nada en Santa Cruz de Tenerife o 17 de xullo de 1959, é unha política española que forma parte de Coalición Canaria. É deputada nacional pola provincia de Tenerife desde 2007 e portavoz de Coalición Canaria no grupo mixto. Foi tamén alcaldesa de San Cristóbal de La Laguna desde 1999 até 2008.
Traxectoria
Criouse nunha familia numerosa, sendo a maior de 10 irmáns. Licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade de La Laguna.
A súa carreira política sempre estivo vinculada a Coalición Canaria. En 1979 foi elixida concelleira no concello de Tenerife, e desde 1991 até 1999 obtivo a acta de deputado no Parlamento das Canarias. Durante o goberno de Manuel Fermoso (1993 a 1999) ocupou diversos cargos na administración autonómica.
En 1999, Coalición Canaria elixiuna para postular á alcaldía de San Cristóbal de La Laguna. Aínda que o seu partido non foi o máis votado, un pacto co Partido Popular outorgoulle o bastón de mando. Desde entón logrou revalidar a alcaldía en 2003 con maioría simple e en 2007 con maioría absoluta, aínda que renunciou ao cargo en 2008 por motivos familiares.
En xuño de 2007 foi elixida deputada nacional no Congreso dos Deputados pola Provincia de Santa Cruz de Tenerife, e desde 2008 é a portavoz de Coalición Canaria na cámara baixa, en substitución de Paulino Rivero. Ademais foi portavoz do grupo mixto en diversas comisións permanentes.
Notas
Categoría:Alcaldes das Illas Canarias Categoría:Nados en 1959 Categoría:Políticos de Coalición Canaria Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Nados en Santa Cruz de Tenerife Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)