Thomas Lanier Williams III, nado en Columbus (Mississippi) o 26 de marzo de 1911 e finado en Nova York o 25 de febreiro de 1983, foi un destacado dramaturgo estadounidense, máis coñecido como Tennessee Williams.

Traxectoria En 1948 gañou o Premio Pulitzer de teatro por Un tranvía de nome desexo,"«Un tranvía de nome desexo», Tennessee Williams a la gallega" (14/4/2004). La Voz de Galicia. e en 1955 por Cat on a Hot Tin Roof. Ademais destas dúas obras recibiron o premio da Crítica Teatral de Nova York outras dúas obras súas.

A crítica do xénero sostén que Williams escribía en estilo gótico sureño. A súa sona aumentou ao ser levadas as súas obras ao cinema.

Obras The Glass Menagerie (1944) Un tranvía de nome desexo (1947) Summer and Smoke (1948) The Rose Tattoo (1951) Camino Real (1953) Cat on a Hot Tin Roof (1955) Orpheus Descending (1957) Suddenly Last Summer (1958) Sweet Bird of Youth (1959) Period of Adjustment (1960) The Night of the Iguana (1961) The Eccentricities of a Nightingale (1962, reescritura de Summer and Smoke) The Milk Train Doesn't Stop Here Anymore (1963) The Mutilated (1965) The Seven Descents of Myrtle (1968, tamén coñecida como Kingdom of Earth) In the Bar of a Tokyo Hotel (1969) Will Mr. Merriweather Return from Memphis? (1969) Small Craft Warnings (1972) The Two-Character Play (1973) Out Cry (1973, reescritura de The Two-Character Play) The Red Devil Battery Sign (1975) This Is (An Entertainment) (1976) Vieux Carré (1977) A Lovely Sunday for Creve Coeur (1979) Clothes for a Summer Hotel (1980) The Notebook of Trigorin (1980) Something Cloudy, Something Clear (1981) A House Not Meant to Stand (1982) In Masks Outrageous and Austere (1983)

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores LGTB dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Gañadores do Premio Pulitzer Categoría:Nados en Mississippi Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa