Kwara é un dos estados formantes da República Federal de Nixeria. A súa capital é a cidade de Ilorin.

Ten unha extensión de 36.825 km2 e limita polo norte co estado de Níxer, polo leste co estado de Kogi, polo sur cos estados de Ekiti, Osun e Oyo e polo oeste coa Benín.

A poboación cífrase en 2 702 949 persoas (datos do censo do ano 2007), o que dá unha densidade demográfica de 73,4 habitantes por quilómetro cadrado.

Foi creado en 1967 como un dos 12 primeiros estados que substituíron a antiga subdivisión en rexións. Inicialmente coñecido como West Central State, o seu nome foi mudado polo de Kwara, palabra dun idioma local que alude ao Río Níxer. Nos anos seguintes, parte do seu territorio orixinal foi cedido para a creación de novos estados.

Áreas de goberno local

Este estado pode subdividirse en dezasete áreas de goberno local, a saber:

Asa Baruten Edu Ekiti Ifelodun Ilorin-East Ilorin-South Ilorin-West Irepodun Isin Kaiama Moro Offa Oke-Ero Oyun Patigi

Kwara