Correo de Galicia foi un periódico galego editado en Buenos Aires entre 1898 e 1965.
Historia e características Atravesou varias etapas: A primeira, fundado e dirixido por Fortunato Cruces, de periodicidade semanal, apareceu en 1898. A segunda, entre 1899 e 1900, dirixido por Juan González Montenegro, con Fortunato Cruces como secretario de redacción e Ángel Aguirre del Río como administrador. A terceira e máis coñecida, entre 1908 e 1945, fundado por José Ramón Lence e José Vázquez Romaguera, e dirixido por José Ramón Lence, con Vázquez Romaguera como administrador. Apareceu o 22 de marzo de 1908 co subtítulo Órgano de la colectividad gallega en la República Argentina. miniatura|300px|Redacción, 1910. Tratábase dunha publicación xeneralista e bilingüe, con predominio do castelán. Recollía as actividades das diferentes institucións de emigrantes e as novas acaecidas na colectividade galega no ámbito do Río da Prata. Asumiu posturas galeguistas e republicanas durante a ditadura de Primo de Rivera, ata tomar postura en 1936 a favor do bando nacional. En 1945 pasou a denominarse Nuevo Correo e foi dirixido por Braulio Díaz Sal. Máis adiante converteuse no Faro de España.
Entre os seus colaboradores destacaron Manuel Casás, Basilio Álvarez, Xavier Bóveda, Ramón María del Valle-Inclán, Aurelio Ribalta, Emilia Pardo Bazán, Eduardo Blanco Amor e Julio Camba. Unha cuarta etapa, na que reapareceu en 1965 dirixido por Perfecto López Romero.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Xornais de Buenos Aires Categoría:Xornais desaparecidos