21 é un filme estadounidense dirixido polo director australiano Robert Luketic que se estreou no 2008. Baséase no libro Bringing Down the House de Ben Mezrich.

Sinopse Historia dun grupo de rapaces que se converteron en expertos na arte de contar cartas para gañar nos casinos. Ben Campbell (Jim Sturgess) é un tímido e brillante estudante do prestixioso Instituto Tecnolóxico de Massachussets (MIT) que, ó non poder pagar a matrícula da universidade, atopa a solución nas cartas. Dáselle a oportunidade de unirse a un grupo formado polos estudantes máis dotados da escola, que viaxan ata Las Vegas cada fin de semana armados con identidades falsas e co coñecemento necesario para inclinar as probabilidades de éxito no xogo do Blackjack ó seu favor. Seducido polos cartos, o estilo de vida de Las Vegas, e pola súa intelixente e atractiva compañeira de equipo, Jill Taylor (Kate Bosworth), Ben comeza a cruzalos límites. Aínda que contar as cartas non é ilegal, as apostas son altas, e o desafío consiste non só en levar ben a conta dos números, senón en ir un paso por diante do ameazador policía de casinos: Cole Williams (Laurence Fishburne).

Personaxes Jim Sturgess como Ben Campbell Kevin Spacey como Profesor Micky Rosa Kate Bosworth como Jill Taylor Laurence Fishburne como Cole Williams Aaron Yoo como Choi Liza Lapira como Kianna Jacob Pitts como Fisher Jack McGee como Terry. Josh Gad como Miles Connoly Sam Golzari como Cam Azazi Helen Carey como Ellen Campbell Jack Gilpin como Bob Phillips. Spencer Garrett como Stemple. Jeff Ma como crupier Jeff

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Robert Luketic Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de Relativity Media Categoría:Filmes rodados en Massachusetts Categoría:Filmes sobre matemáticas Categoría:Filmes sobre xogos de aposta