A Cacaforra viñosa ou amanita do viñoVV. AA. (2012) Vocabulario forestal Santiago de Compostela, Deputación de Lugo de nome científico Amanita rubescens, é un fungo basidiomiceto da familia das amanitas caracterizado por posuír un chapeu globoso, cando é novo, que evoluciona a plano, de cor avermellada, coa tonalidade do viño: na madurez, posúe numerosos restos do veo da volva, de cor branca rosácea. A cutícula é separable con facilidade. A marxe, incurvada a plana, non é estriada, e é delgada. As láminas, numerosas, libres, son de cor branca, así como as súas esporas. O pé é cilíndrico, de cor esbrancuxada a rosada; na súa base posúe unha volva da mesma cor ou lixeiramente máis saturada.Asociación micolóxica El Royo Crece en piñeirais e en uceirais.

En Galiza abrolla de setembro a decembro, sendo a época de apoxeo todo outubro e a primeira metade de novembroNa web da Agrupación Micolóxica de Galiza - http://www.azarrota.org/index.php?option=com_content&task=view&id=62&Itemid=74 .

De interese en gastronomía, debe consumirse sempre cociñada, nunca crúa; isto débese á presenza de hemolisinas que desaparecen ao quentarse até os 65 °C. Ditas hemolisinas actúan eliminando os eritrocitos do sangue. No entanto, o seu interese culinario está discutido, posto que, aínda destruídas as hemolisinas tras un shock térmico, aínda son indixestas. Debe coidarse a súa identificación porque se presta a confusión con Amanita pantherina, esta última moi tóxica.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Amanita Categoría:Fungos comestibles Categoría:Fungos de Galicia