AmaiurNace Amaiur, la mayor alianza abertzale desde la Transición, Público, 3/10/2011. é unha coalición política española conformada por Eusko Alkartasuna, Alternatiba, Aralar e diversos independentes de esquerda abertzale, para concorrer ás eleccións xerais de 2011.La Junta Electoral da el visto bueno definitivo a la coalición Amaiur, El País, 11/10/2011. Ten como obxectivo defender desde o País Vasco e Navarra o dereito de autodeterminación.Amaiur sitúa "el derecho de Euskal Herria a decidir" en el "eje" de su actuación en Madrid, La Vanguardia, 2/10/2011.Patxi Zabaleta afirma que Amaiur es "el símbolo" y un paso "en la nueva situación política de Euskal Herria" , El Correo, 28/9/2011

A coalición colleu o nome da vila de Amaiur, onde tivo lugar unha das últimas batallas da conquista do reino de Navarra pola Coroa de Castela.

Historia En abril de 2011 formárase a coalición electoral Bildu, integrada polos partidos Eusko Alkartasuna e Alternatiba, as agrupacións Araba Bai e Herritarron Garaia, a canda diversos independentes da esquerda abertzale. Superados os trámites da súa legalización, nas eleccións municipais 2011 en España converteuse a coalición na segunda forza en política en Euscadi (por detrás do PNV) e na cuarta de Navarra. Meses despois, a esta coalición sumóuselle o partido de esquerda independentista Aralar, que ata daquela se presentara en solitario en Euscadi e en Navarra como parte integrante da coalición Nafarroa Bai. O obxectivo desta coalición era presentarse ás xerais de novembro dese anoIzquierda abertzale, EA, Alternatiba y Aralar cierran los contenidos del pacto del 20-N , Gara, 15/9/2011..

A coalición presentouse publicamente o 27 de setembro de 2011 nun acto no que interviron, en nome da coalición, os abertzales independentes Rufi Etxeberria e Txelui Moreno, o secretario xeral de EA Pello Urizar, a representante de Aralar Rebeka Ubera e o coordinador de Alternatiba Oskar MatuteAmaiur concurrirá al 20-N para reivindicar “la nación” vasca, El País, 27/9/2011.. En novembro de 2011 escolleron os seus primeiros candidatos electorais, que foron todos eles persoas independentes pero vencelladas á esquerda abertzale, mentres que os representantes de Aralar, EA e Alternatiba figuraron en segundos postos ou nas listas ao Senado: Maite Aristegi por Guipúscoa, Sabino Cuadra por Navarra, Iñaki Antigüedad por Biscaia e Iker Urbina por ÁrabaMaite Aristegi y Rafa Larreina serán los cabeza de lista de Amaiur por Gipuzkoa, Diario Vasco, 16/10/2011..

Notas

Categoría:Forzas políticas do País Vasco Categoría:Forzas políticas de Navarra