Unidos por Canarias é unha coalición electoral nacionalista canaria, formada polos partidos Coalición Canaria e Nueva Canarias, para concorrer ás eleccións xerais de 2011 de España. Historia Nas eleccións autonómicas de maio de 2011 os partidos nacionalistas canarios aumentaron os seus escanos, pero víronse superados polo Partido Popular. Coalición Canaria obtivo 20 deputados e a súa escisión, Nueva Canarias, obtivo 3. Para as eleccións xerais estas dúas formacións iniciaron conversas co fin de chegar a un pacto. O 23 de setembro de 2011 chegaban a ese acordo marco co que creaban a coalición Unidos por Canarias, e situaban os seus obxectivos fundamentaisUnidos por Canarias , La Voz de Tenerife, 23/9/2011..

Nese acordo tamén escolleron os cabezas de lista da formación, que serían Ana Oramas, de Coalición Canaria pola circunscrición de Tenerife e Pedro Quevedo, de Nueva Canarias, pola das Palmas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Unidos por Canarias, blog da coalición.

Categoría:Partidos políticos das Canarias