Melchor Roel Rivas, nado no Uruguai en 1954 e finado en Burela o 10 de decembro de 2013, foi un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

Militante do Partido Comunista Uruguaio, con tan só 18 anos foi detido por cuestións políticas, ingresando no cárcere de Punta Carreta, Montevideo. Despois de duros interrogatorios e de tres anos en prisión, foi expulsado do Uruguai pola ditadura militar, o 26 de setembro de 1975, e levado directamente a España. En España fixo o Servizo Militar e militou no PCE.

Instalouse en Viveiro onde traballou na Seguridade Social, foi membro da dirección de Comisións Obreiras. Nas eleccións municipais de 1983 foi elixido concelleiro de Viveiro polo PCE, e foi tenente-alcalde en 1985. Nas municipais de 1987, 1991 e 1995 volveu ser elixido concelleiro por IU-EU e desenvolveu o seu labor sindical e na administración pública. Nas municipais de 2003 encabezou a candidatura do PSOE e foi elixido alcalde grazas a un pacto co BNG e EU. Volveu ser elixido alcalde en 2007 e 2011 sempre con pacto de goberno. A súa traxectoria esta ligada aos inicios do festival Resurrection Fest, en Viveiro.

Dende 2011 foi asesor da deputación de Lugo."Roel cobrará como asesor na Deputación 34.500 euros ao ano", artigo en El Progreso. Ao final do verán de 2012 rompeu o pacto de goberno que mantiña co BNG. Uns días despois foi imputado xunto cun exedil do BNG, nun proceso xudicial pola concesión dunhas licenzas urbanísticas. Neste proceso sempre declararon ambolos dous que a denuncia carecía de indicios que permitisen fundamentala.

"Imputan por supuesta prevaricación al alcalde de Viveiro y a un exedil del BNG", La Voz de Galicia, 26/9/2012. Finou en Burela o 10 de decembro de 2013 por mor dun cancro de pulmón."Fallece el alcalde de Viveiro, el socialista Melchor Roel", artigo en La Opinión de A Coruña, 10 de decembro de 2013 .

No ano 2016 os concelleiros imputados foron absoltos e declararon que atribuían a denuncia a unha vinganza.

Vida persoal

Casou con María del Carmen López Saavedra e foi pai de Melchor e Iván Roel López.

Notas 2

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Viveiro

Ligazóns externas Entrevista en La República do Uruguai. Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Alcaldes de Viveiro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Uruguai Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes