José Juan Suárez Acevedo, nado en Ribadeo en 1918 e finado na mesma localidade o 26 de setembro de 2011, foi un historiador de Ribadeo.

Traxectoria Intelectual e profesor de Historia formado na Institución Libre de Enseñanza (ILE) foi Catedrático de Instituto. A súa tesiña levou por título: "A Comarca Ribadense escenario da vida e da obra do Marqués de Sargadelos". A partir de 1948 imparte aulas na Academia Santo Tomás de Aquino de Ribadeo, até o ano 1955, no que pasou a dar clase de xeografía e historia no Instituto Carlos María Rodríguez de Valcárcel (actual IES Dionisio Gamallo Fierros). Na súa ampla actividade como intelectual e historiador, ten publicado en diarios e revistas especializados.

A súa vida deu pé á entrevista polo Proxecto Nomes e Voces no ano 2006, nunha conversa acerca das súas lembranzas e vivencias no marco da Segunda República e posterior Golpe de Estado en Ribadeo a partir de 1936.

Véxase tamén Ligazóns externas "Falece o intelectual ribadense José Juan Suárez Acevedo" , no blog de Nomes e Voces. "In memoriam dun educador", artigo de Roberto Rodríguez en La Voz de Galicia. "Lembrando a Juan Suárez Acevedo", artigo de Eduardo Gutiérrez en El Progreso. Artigo de D.Juan sobre o nacemento do Instituto de Ribadeo.

Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Profesores Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes