Martin Solveig, nado Martin Picandet o 22 de setembro de 1976, é un DJ, cantante esporádico e produtor francés de música electrónica. Tamén realiza un programa na radio FG DJ Radio. Ten contrato con Defected Records de Londres.

Inicios da súa carreira Nado no 1976, aos 13 anos conseguiu o seu primeiro tocadiscos, mais non foi até 1992 que Martin se decidiu a comezar a súa carreira na música electrónica aínda sendo educado na música clásica (Martin era un solista soprano no coro parisiense Les Petits Chanteurs de Sainte-Croix de Neuilly). Debutou coa súa primeira residencia no club de París Le Palace co apoio de Claude Monnet.

Martin Solveig mudouse a outro famoso club nocturno parisiense Les Bains Douches, onde traballou con famosos DJ's como Todd Terry, Roger Sánchez e Bob Sinclar. A súa popularidade chegou aínda máis lonxe grazas ás festas Pure no Queen Club tanto no papel de DJ, como de director artístico.

Discos gravados nos seus inicios Comezou a producir nunha etapa temperá da súa carreira. A través do seu propio selo, editou dous sinxelos de 12 polgadas, "Heart of Africa" e "Come With Me". Estes combinan a música dance coa música interpretada con instrumentos tradicionais. Bob Sinclar convidouno a se unir ao proxecto Africanism que combina música africana e música electrónica. Após isto, lanzou o sinxelo "Edony", con boa acollida en todo o mundo.

Carreira posterior No 2002, lanzou o álbum Sur La Terre, que contén tanto "Heart of Africa" como "Edony". O álbum foi lanzado internacionalmente por Universal Music. Outra faixa notábel do álbum é "Linda", un tributo a Fela Kuti e Serge Gainsbourg. O álbum foi lanzado no 2004 nos Estados Unidos. No 2003, traballou con Salif Keïta en "Madan" que triunfou en Europa, sobre todo en Francia, Italia e Grecia. "Rocking Music", na que destaca unha figura rítmica de guitarra punk rock (e tamén coñecido por ter a voz de Jay Sebag), chegou ao top 40 en Australia. "Madan" e "Rocking Music" foran remisturados no seu segundo álbum, Suite. Madan foi remisturado novamente como unha canción para a Copa do mundo de Francia, 'Zidane Il Va Marquer!" antes da final entre Italia e Francia. Os seguintes sinxelos inclúen "I'm A Good Man", and "Everybody". Solveig era un dos produtores para o álbum de Bob Sinclar Western Dream. No ano 2007 Martin Solveig foi o DJ do congreso do UMP, o partido de ideoloxía conservadora de Nicolas Sarkozy, xusto antes da escolla presidencial francesa.

Discografía Álbums de estudio Ano Álbum Posto FRA BEL (FLA) BEL (WAL) SWI2002Sur la Terre Primeiro álbum de estudio Realizado: 2002 — — — —2003Suite Segundo álbum de estudio Realizado: 2003 84 — — —2005Hedonist Terceiro álbum de estudio Realizado: 2005 43 — 99 —2008C'est La Vie Cuarto álbum de estudio Realizado: 2008 | 16 | 99 | 23 | 59 |- |2011 |align="left"|Smash'' Quinto álbum de estudio Realizado: 6 de xuño do 2011http://itunes.apple.com/fr/album/smash/id439636826 Discográfica: Mercury Records 18 — 37 77

Sinxelos 1998 "Break Da EP" 1999 "Heart Of Africa/Afro Deep" 2000 "Come With Me" 2000 "Destiny" 2000 "Edony (Clap Your Hands)", como Africanism 2001 "Mr. President" 2002 "Linda" 2002 "Someday"

Ano Título Posto Certificaciones ÁlbumFRAAUSAUTBEL <small>(FL)http://www.ultratop.be/en/search.asp?cat=s&lang=nl&search=martin+solveigCANhttp://www.billboard.com/charts/canadian-hot-100BEL <small>(WA)NLDNZSWIUKUShttp://www.billboard.com/#/charts/hot-100?chartDate=2011-04-23&order=gainer2003"Madan" (vs. Salif Keïta)37————6487—66——Sur La Terre"Rocking Music"4739—54—6482——35—"Heartbeat" ———————————2004"I'm a Good Man"—————————57—2005"Everybody"3733—28—27———22—Hedonist2006"Jealousy"36——30—40——6062—"Something Better"—————64—————2007"Rejection"34——57—52——55——2008"C'est La Vie"———53—59——63——C'est la vie"I Want You" (con Lee Fields)59——54—37—————2009"One 2.3 Four"———52—57—————"Boys & Girls" (con Dragonette)17——————————Smash2010"Hello" (con Dragonette) 5 13 1 1 8 2 1 5 10 13 46 AUS: 2× Platino CAN: 2× Platino ITA: Oro NZ: Oro US: Oro2011"Ready 2 Go" (con Kele) 20 — 49 65 — 58 24 — 70 48 —

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas TwistedHouse.com Martin Solveig Interview Martin Solveig Interview (Ibiza, Spain) 2006 Fansite Martin Solveig biography All Music Guide article Top 40 charts record for Martin Solveig

Categoría:DJs Categoría:Músicos de Francia Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en París