Carlos Gilberto Otero Díaz, nado en San Fiz de Asma (Chantada) o 30 de xaneiro de 1932 e finado en Santiago de Compostela o 19 de marzo de 2005,"Carlos Otero Díaz, economista, catedrático y ex consejero de la Xunta"; necrolóxica de Xosé Hermida en El País, 22 de marzo de 2005 ., foi un economista e político galego. En 1982 foi nomeado primeiro Conselleiro de Economía e Finanzas da Xunta de Galicia.

Traxectoria Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1952-1956) licenciándose con premio extraordinario. Entre outros sitios viviu en Madrid e Italia, regresando a Santiago de Compostela no 1966 para asumir a cátedra de Economía Política, Facenda Pública e Dereito Fiscal.

Formou parte do primeiro goberno autonómico, en 1982 aceptou o cargo de conselleiro de Economía no executivo de Xerardo Fernández Albor. Novamente o 6 de novembro de 1986 foi nomeado titular de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.

O 28 de febreiro de 1991 entrou a formar parte do Consello de Contas e posteriormente foi nomeado como Conselleiro Maior.

Galardóns Medalla de ouro da Universidade de Santiago de Compostela. Medalla Castelao (2001).

Notas

Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes