José Antonio Orza Fernández, nado en Codeso (Boqueixón) en 1941 e finado na Coruña o 29 de outubro de 2012, foi un profesor e político galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, entre 1967 e 1969 foi profesor axudante de clases prácticas na Cátedra de Economía e Facenda da Facultade de Dereito. Foi funcionario do Corpo Superior de Inspectores de Finanzas do Estado desde 1971. En 1982 foi nomeado director xeral de Tributos e Política Financeira na Consellería de Facenda. Foi Conselleiro de Economía e Facenda entre 1985 e 1986 e de novo entre 1989 e 2005. Foi deputado no Parlamento de Galicia polo PPdeG (1997-2001). Foi membro do Consello de Contas a proposta do PPdeG dende 2009"José Antonio Orza Fernández: 'Intentaré estar a la altura y responder con el mayor esfuerzo" , entrevista en El Correo Gallego, 23 de setembro de 2009 . ata o seu falecemento.

Faleceu como consecuencia dun cancro de colon"Falece Orza, o conselleiro de Economía da era Fraga" , artigo en Galicia Confidencial, 29 de outubro de 2012.. Foi soterrado no camposanto parroquial de Codeso.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Boqueixón Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes